A xente da Barreira
Ricardo Carvalho Calero

Autora da ficha: Amelia Sánchez Pérez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  


Paratextos: 

A obra está dividida en XIX capítulos cos seguintes títulos: "A casa", "Os carlistas", "Os sapos", "A filla de achego", "As mazáns", "Lembranzas", "O ouro da Rouqueira", "O traxe de botóns", "O casamento do Álvaro", "O banco de castiro", "A chisteira", "Pompas fúnebres", "O tinteiro de prata", "O maragato", "O Rosende", "Antón das cabras", "Tempos novos", "As neves de antano", "Sabeliña".

Edición de 1951: 
Nas páxinas previas hai unha nota que di "Novela premiada en el primer Concurso de la Editorial de los Bibliófilos Gallegos. Año 1949." e despois figura o fallo do premio asinado polos membros do xurado (Raimundo García Domínguez, Ramón Cabanillas Enríquez, Ramón Otero Pedrayo, José Guerra Campos, Francisco Serrano Castilla e Francisco Fernández del Riego).
Ao final, ademais dun índice, figura unha ampla listaxe das publicacións da editorial Bibliófilos Gallegos organizadas por coleccións (Biblioteca "Galicia", Colección "Obradoiro", Colección de "Bibliófilos", Enciclopedia Gallega)

Edición de 1982:  
Ao comezo inclúe a mesma nota editorial que figura na contracapa. Ao final figura o índice.

Edición de 1997: 
Nota editorial elaborada pola Comisión Científica. 
Presentación de A xente da Barreira elaborada por María Pilar García Negro. 
Presentación da antoloxía do teatro de Marinhas del Valle elaborada por María Pilar García Negro. 



Outros textos literarios integrados no volume:

Edición de 1982:

– As pitas baixo a chúvia 
– Os tumbos 
– A cegoña 
– Aos amores seródios
 

Edición de 1984:

– Os señores da Pena 
– O lar de Clara 
– As pitas baixo a chúvia 
– Os tumbos 
– A cegoña 
– Aos amores seródios

Edición de 1997:

Teatro de Jenaro Marinhas del Valle




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño