Era tempo de apandar
Ramón de Valenzuela

Autora da ficha: Alva Martínez Teixeiro

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  



Tempo da historia:

A novela ten inicio nos últimos anos da década de 1930, estendéndose a súa acción durante a primeira metade do século XX.


Personaxes:

O protagonista é un mozo galego que comparte espazo na prisión con outros presos políticos e cos traballadores da prisión.
Non hai referencias significativas a personaxes históricos.


Acontecementos históricos:

Nesta novela asistimos ao momento inicial da posguerra española onde son rememorados episodios anteriores, como os labores dos primeiros exiliados na fronteira entre España e Franza e onde teñen eco tamén escasas noticias da distante Guerra Mundial, como o ataque e os bombardeos a Inglaterra.


Tema:

O destino dun republicano na posguerra como prisioneiro de guerra e as estratexias de supervivencia que adopta nesa nova condición de condenado.


Narrador:

Na figura do narrador en primeira persoa coinciden o narrador e o protagonista.


Espazo narrativo:

A obra desenvólvese fundamentalmente no interior da prisión de Ávila.


Estrutura narrativa:

Lineal con certas analepses.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño