Ilustrísima
Carlos Casares

Autora da ficha: Alva Martínez Teixeiro

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  



Tempo da historia:

O tempo da historia correspóndese cos inicios do século XX.


Personaxes:

O personaxe principal é o doutor Fernando Fanego, o bispo, quen comparte espazo narrativo con figuras como o seu fámulo, D. Xenaro, Sor Sabina, a relixiosa con poderes sobrenaturais, ou Don Telesforo, o lectoral e un dos antagonistas da novela.
En relación ás figuras históricas, son salientábeis as mencións ás principais figuras políticas do momento, como Romanones ou Canalejas.


Acontecementos históricos:

A obra presenta os problemas da Igrexa derivados da chegada de Sagasta ao poder e do xiro político dos liberais. Algunhas das medidas directamente vinculadas ao clero son comentadas polos protagonistas durante a novela, como a inspección dos centros de ensino non oficial por parte do Ministerio de Instrución Pública, a prohibición do ensino de relixión nas escolas ou o poder dos krausistas na Universidade.


Tema:

A vivencia da crise relixiosa que atravesaba a Igrexa de principios do século XX por parte dun bispo afogado polo fanatismo e a superstición nunha cidade galega.


Narrador:

Omnisciente en terceira persoa. A focalización privilexia a perspectiva do protagonista como filtro do contido discursivo.


Espazo narrativo:

Unha cidade galega.


Estrutura narrativa:

Lineal con analepses.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño