Non agardei por ninguén
Ramón de Valenzuela

Autora da ficha: Alva Martínez Teixeiro

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  



Tempo da historia:

Os acontecementos desenvólvense durante o período comprendido entre 1936 e 1939, sendo interrompidos só polos saltos temporais que fan retroceder a historia a un período evocado anterior á guerra.


Personaxes:

O personaxe principal é Don Gonzalo de Ozores (figura que toma o nome do personaxe da novela O castelo de Pambre), un señorito moi coñecido na súa bisbarra. Xunto a el xorden outras figuras que comparten espazo coprotagónico –como os guerrilleiros do seu grupo liderados por Pepe Ansede ou Toubes, compañeiro do protagonista en Cáceres e preso por espía–, ou antagónico –como a xefa da Falanxe coa que mantén unha relación–. Ademais destes personaxes completarán o panel un conxunto de figuras menores pertencentes ao pobo e aos dous bandos da guerra. Non hai referencias significativas a personaxes históricos.


Acontecementos históricos:

O acontecemento que domina toda a narrativa é a Guerra Civil, existindo referencias a realidades históricas concretas como a resistencia dos rebeldes na Galiza e en Andalucía, o Decreto de unificación da Falanxe co Requeté ou as alusións ao decaemento das frontes de Asturias e Euskadi


Tema:

As vivencias, o compromiso e o labor proselitista de Gonzalo Ozores durante a Guerra Civil, primeiro como fuxido e como membro dun grupo de guerrilleiros e, posteriormente, como infiltrado no bando falanxista.


Narrador:

Na figura do narrador en primeira persoa coinciden o narrador e o protagonista.


Espazo narrativo:

Galiza, Cáceres e outros puntos da península aos que o protagonista se despraza, como Oropesa.


Estrutura narrativa:

Lineal con analepses.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño