O mesón dos ermos
Ramón Otero Pedrayo

Autora da ficha: Laura Mariño Sánchez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  

:

Paratextos:

– 1ª edición, 1936:
Nas páxinas previas figura unha aclaración sobre o número de exemplares da tirada: “Esta edizon consta soiamente de cinco centos eisemprares numerados e asinados pol-o autor."
Despois aparece a listaxe das obras do autor entre 1925 e 1935, tamén na prensa.

– Edición de 1984:
Nas páxinas iniciais figura unha nota sobre os criterios de edición adoptados.
Nas páxinas finais está o “Apéndice léxico” en que se incluén as palabras non modificadas no texto coa solución normativa que os editores consideran máis axeitada. 

– Edición de 1997: 
“Nota preliminar” sobre os criterios de edición e as edicións empregadas. 
Nas páxinais finais hai un “Índice”.


División por capítulos:

A obra está dividida en dez capítulos sen título.


Outros textos literarios integrados no v olume:

Unicamente hai outros textos na edición de 1997, que inclúe: Contos (A sirena, Medicina legal, Doña Xohana e don Guindo e O Maroutallo).




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño