O señorito da Reboraina
Ramón Otero Pedrayo

Autora da ficha: Alva Martínez Teixeiro

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  



Tempo da historia:

O tempo da historia abrangue case a totalidade da existencia do protagonista durante a segunda metade do século XIX.


Personaxes:

O personaxe principal é o Xoán Manuel Pereira, o fidalgo da Reboreda, quen comparte espazo con figuras como o seu mestre, un abade cosmopolita e liberal, a morgada, D.ª Adelina, a derradeira princesa da dinastía dos Ming ou Xinoveva, unha muller do pobo tamén namorada do fidalgo.
En relación ás figuras históricas, son salientábeis, ademais da presenza da figura de Xoán Manuel Pereira, as breves aparicións na trama dalgunhas das principais figuras políticas do período, como Prim ou Castelar.


Acontecementos históricos:

A obra presenta algúns acontecementos políticos da segunda metade do século XIX como as eleccións en Redondela, a conspiración política na Coruña, o declinio do goberno liberal ou a visita de Castelar á Reboraina.


Tema:

O señorito da Reboraina é o relato novelado da biografía de Xoán Manuel Pereira, trasunto dun personaxe histórico, conspirador, embaixador na China, republicano, viaxeiro e deputado.


Narrador:

En terceira persoa omnisciente detentor dunha voz de ton predominantemente humorístico e distanciada dos acontecementos.


Espazo narrativo:

Diversos puntos da xeografía galega, como Redondela ou A Coruña e tamén Londres, China ou Cuba.


Estrutura narrativa:

Lineal con abundantes analepses.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño