O silencio redimido
Silvio Santiago

Autora da ficha: Alva Martínez Teixeiro

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  



Tempo da historia:

A historia desenvólvese entre 1927 e 1937. Hai tamén referencias a un tempo posterior por parte do narrador no "Reencontro co lector", no cal o tempo da narración é quince anos posterior ao envío do relato autobiográfico.


Personaxes:

O protagonista é Carlos Aranda, que comparte o discurso co editor da obra e amigo seu, do que non é indicado o nome.
É salientábel a referencia a figuras históricas como José Antonio Primo de Rivera e Ramiro de Maetzu.


Acontecementos históricos:

O mitin antimonárquico en Portoledo de José Antonio Primo de Rivera e Ramiro de Maetzu, o alzamento dos militares, a Guerra Civil e as actividades en Portugal dos opositores ao réxime de Oliveira Salazar.


Tema:

Historia dun simpatizante da causa republicana despois do alzamento dos militares: a prisión e a posterior vida de fuxido, na clandestinidade, en Portugal.


Narrador:

Hai unha alternancia na narración: no inicio e no fin o narrador é o editor das memorias, despois cede a voz a outro narrador tamén en 1ª persoa, o protagonista, Carlos Aranda.


Espazo narrativo:

Portoledo, o cárcere, Portugal (zona fronteiriza e Lisboa) e, finalmente, a colonia galega de Bogotá.


Estrutura narrativa:

É salientábel o recurso ao manuscrito achado que organiza a narración.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño