O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte
Antón Alonso Ríos

Autora da ficha: Alva Martínez Teixeiro

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  



Tempo da historia:

A narración ten inicio o 18 de xullo de 1936 desenvolvéndose até o fin da fuxida do protagonista coa súa chegada a Bos Aires o 29 de xuño de 1939.


Personaxes:

O personaxe principal é Antón Alonso Ríos – transmutado en Afranio do Amaral ao disfrazarse de esmoleiro –, quen comparte espazo narrativo coas figuras secundarias coas que vai coincidindo na súa fuxida: outros fuxidos, fascistas, esmoleiros ou as persoas que o acollen.
En relación ás figuras históricas, son numerosas as referencias a historias de fuxidos e paseados, salientando a mención dos galeguistas Campos Couceiro ou a alusión á morte de Alexandre Bóveda.


Acontecementos históricos:

A obra ocúpase da repercusión da sublevación militar en Tui a partir do 18 de xullo de 1936, o masacre do monte Aloia contra os partidarios da República e as numerosas mortes dos opositores do falanxismo. Nela tamén aparecen procesos de carácter máis xeral, presentados por medio do devir da vida como fuxido, como por exemplo, o contrabando na raia.


Tema:

Historia da vida de fuxido do deputado agrario Antón Alonso Ríos disfrazado de esmoleiro despois da sublevación dos militares en 1936 e a posterior fuga a Portugal e, finalmente, a Bos Aires.


Narrador:

Na figura do narrador en primeira persoa coinciden o narrador e o protagonista.


Espazo narrativo:

Tui, diferentes zonas da provincia de Ourense (Amoeiro, Maside etc), Portugal, Casablanca e Bos Aires.


Estrutura narrativa:

Lineal con prolepses.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño