Semprenoiva
Francisco Cabo Pastor

Autora da ficha: María Vilariño Suárez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  



Tempo da historia:

A trama marco discorre nas poucas horas nocturnas que pode ocupar o parladoiro e a narración de Semprenoiva. A trama inserida mantense durante os anos non precisados en que Hermesinda e o escolar manteñen a súa relación sentimental.


Personaxes:

Dentro do conto de Semprenoiva tan só o escolar, que nin sequera conta cun nome, e Hermesinda. Na trama conformada polo parladoiro nocturno salientan Rosiña e don Nicandro mais tamén están presentes a señora Xilda, a tía Rosa, Bastiana, o cubano, o escusador, Laureana, o mestre, o zoqueiro e o tío Bartolo.


Acontecementos históricos:

A única referencia histórica aparece na narración incrustada mediante unha referencia imprecisa á ambientación da acción no Século de Ouro.


Tema:

Faladoiro nocturno nunha casa da aldea onde se narra o conto Semprenoiva cuxo asunto é a vida amorosa dunha misteriosa muller que non permite ver o seu rostro.


Narrador:

Heterodiexético e omnisciente en terceira persoa no tocante ao parladoiro. A historia de Semprenoiva conta cun narrador que é personaxe destacado nesoutra trama. Este narrador-personaxe é tamén heterodiexético e omnisciente en terceira persoa.


Espazo narrativo:

O interior da casa da vinculeira (a señora Xilda) e interior da casa de Rosiña no caso da trama marco. Na trama de Semprenoiva salienta a fiestra da casa de Hermesinda.


Estrutura narrativa:

Lineal tanto narración que serve como marco como na narración incrustada.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño