Villardevós
Silvio Santiago

Autora da ficha: Alva Martínez Teixeiro

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  



Tempo da historia:

O tempo da historia parte do tempo da infancia de Manoliño, no primeiro cuarto do século XX, estendéndose até un tempo moi posterior, o da madurez do protagonista.


Personaxes:

O personaxe principal é Manoliño, quen comparte espazo narrativo con numerosos veciños da vila, personaxes secundarios que son protagonistas de breves historias e referencias.
Os personaxes históricos referidos forman o censo de personaxes célebres da vila: don Ángel Carnicero, republicano que tomara parte na revolución fracasada de 1867 e tamén a Dra. Concha Alonso, filla de emigrantes que coa revolución de Fidel acabou por ser Auditor do Estado Maior do Exército. Igualmente, Manuel Núñez González, poeta autor de "Efusivas", "Salaios" e "A Poesía Popular Galega" ou Vicente Luis Méndez, poeta emigrado a Arxentina.


Acontecementos históricos:

Hai referencias a realidades históricas distantes, como a caracterización de Vilardevós como lugar de peregrinacións ou a batalla contra os franceses e a morte de tres soldados franceses en 1809, e referencias a procesos de carácter máis xeral, ficcionalizados por medio do devir da vida na vila, a emigración, principalmente a Arxentina e Brasil, e as oposicións ideolóxicas entre liberais e conservadores.


Tema:

O tema central é o da visión complexa, por entrecruzada, dunha vila galega.


Narrador:

O narrador é omnisciente. A obra utiliza as opinións do protagonista como filtro do contido discursivo, alicerzado aínda polas numerosas digresións e comentarios do narrador.


Espazo narrativo:

O termo municipal de Vilardevós, en Ourense.


Estrutura narrativa:

A estrutura é basicamente lineal con numerosas analepses.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño