Xente ao lonxe
Eduardo Blanco Amor

Autora da ficha: Alva Martínez Teixeiro

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  



Tempo da historia:

A historia desenvólvese nas primeiras décadas do século XX.


Personaxes:

O personaxe principal é Suso, o neno protagonista, quen comparte espazo narrativo no vasto retrato social da novela con figuras secundarias como o seu pai, Evanxelina, a irmá de Suso ou a señora Andrea, parteira e veciña da famila de Suso. Non hai referencias a personaxes históricos.


Acontecementos históricos:

Na obra aparecen feitos históricos de carácter local, como o masacre de campesiños no mosteiro de Oseira ou as primeiras folgas derivadas do nacemento do socialismo na cidade de Ourense.


Tema:

Trátase dunha novela de aprendizaxe onde o protagonista, Suso Vilar, presenta desde a súa perspectiva o panorama social do agromar da conciencia social e política do proletariado a principios do século XX e dos conflitos derivados deste.


Narrador:

Na figura do narrador en primeira persoa coinciden o narrador e o protagonista.


Espazo narrativo:

A novela está ambientada en Ourense, A. na ficción.


Estrutura narrativa:

Estrutura lineal con certas analepses.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño