A dona das Torres
Ánxel del Castillo

Autora da ficha: María Vilariño Suárez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  

:

Paratextos:

A novela presenta un breve prólogo empregado para introducir un personaxe anónimo que será o encargado de narrar a lenda da dona das Torres. Nestes primeiros fragmentos ao narrador aparéceselle unha muller no mosteiro de Sobrado. Durante a cea consulta esta aparición con outro personaxe que é quen lle referirá a historia da dona das Torres. Rematada a novela inclúese un apartado de “Notas” que referenda o carácter histórico da obra.
A novela divídese en sete capítulos marcados cos correspondentes números romanos.


Outros textos literarios integrados no volume:

A edición de 1989 é un facsímile dos títulos que integran as coleccións Céltiga e Lar de forma que no mesmo volume (II) aparecen: Semprenoiva de F. Cabo Pastor (número 13 e derradeiro de Céltiga)e, de Lar, A miña muller de Wenceslao Fernández Flórez (nº 1), O anarquista de Leandro Pita Romero (nº 2), O pastor de doña Silvia de Aurelio Ribalta (nº 3), Naiciña de Leandro Carré (nº 4), Os probes de deus de Luís Amado Carballo (nº 5), Martes d'antroido de Francisca Herrera e Garrido (nº 6), Antón Piruleiro de Xesús Fernández e González (nº 7), Pantelas, home libre de Ramón Otero Pedrayo (nº 8), A terra chama de Uxío Carré Aldao (nº 9), O lobo da xente de Vicente Risco (nº 10), Buserana de Gonzalo López Abente (nº 11), Ana María de Xuan Xesús González (nº 12), A propia vida de Leandro Carré Alvarellos (nº 14), Cabalgadas en Salnés de Fermín Bouza Brey (nº 15) e Anxélica de Florencio Vaamonde (nº 16).



       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño