A reina loba
Manuel Lois Vázquez

Autora da ficha: Amelia Sánchez Pérez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  



Tempo da historia:

A reina loba localízase na época do reino suevo de Galiza, na alta Idade Media. Abarca os reinados de Genserico e de Heurico. No entanto, o tempo da historia limítase a uns poucos anos.


Personaxes:

As personaxes principais pertencen todas á historia da Suevia. Así, destacan os reis suevos Genserico e Heurico, así como a que foi a súa esposa, Oaria.
Outras personaxes serían Acelo, Wintila, Gondomaro, Franquila ou os condes Deza, Montrove e Naharive.


Acontecementos históricos:

Destacan, no capítulo dos acontecementos históricos, a coroación de Heurico como rei, así como os conflitos que teñen lugar nos reinados de Genserico e do propio Heurico: a conspiración encabezada polo conde Deza ou o castigo ao que son sometidos os fillos de Ermengario.
Cómpre mencionar que, como acontece noutros relatos de Lois Vázquez, o autor segue o relato de Benito Vicetto sobre esta época histórica. Mesmo, en varias ocasións, utiliza as notas a pé de páxina para nos informar de que se afasta do relato de Vicetto.


Tema:

Podemos considerar A reina loba unha novela sentimental, pois a historia principal é a dos amores de Oaria. Porén, a temática histórica ten un peso moi relevante no conxunto da narración.


Narrador:

O narrador principal nesta novela é un narrador subxectivo en terceira persoa, que narra os feitos e que intervén no discurso narrativo, emitindo xuízos de valor e opinións sobre as personaxes en numerosas ocasións.


Espazo narrativo:

No que fai referencia aos espazos narrativos, os espazos exteriores son moi numerosos. Son mencionadas de xeito explícito as zonas do Xarés e da Limia, mais teñen importancia na narración outros espazos como o Pico Sacro, onde son coroados os rei galegos. Canto aos espazos interiores, destacan o castelo do rei Genserico e as torres en que viven Acelo e Oaria cando son mozos.


Estrutura narrativa:

Trátase dunha narración lineal, que carece de prolepses e de analepses significativas.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño