A reina loba
Manuel Lois Vázquez Autora da ficha: Amelia Sánchez Pérez |
Edicións | Estrutura editorial | Recensión | Datos narratolóxicos | Observacións |
– Os primeiros catro capítulos publicáronse por primeira vez no semanario O Galiciano (parolas 228, 23 de xuño de 1889; 229, 30 de xuño; 231, 17 de xullo; 233, 28 de xullo; e 234, 4 de agosto) e aparecerá posteriormente completa en O tío Marcos da Portela (parrafeos 301, 17 de novembro de 1889; 302, 24 de novembro; 303, 1 de decembro; e 304, 8 de decembro). – A reina loba destaca, como outras obras de Lois Vázquez, polo seu grande valor histórico, ao se localizar nunha época de suma importancia na historia de Galiza, o reino suevo. Destaca igualmente pola importancia que o autor lle dá ás narracións de Benito Vicetto sobre esta época, que son mencionadas de maneira constante ao longo do relato. Resulta de moi importante o subtítulo que o autor engade, A reina loba (lenda histórica). O mesmo escritor sería consciente de estar a realizar unha contribución ao xénero histórico. |
|||
Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. ![]() ![]() Deseño e realización técnica: Laura Mariño |