A tecedeira de Bonaval
Antonio López Ferreiro

Autora da ficha: María Vilariño Suárez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  


Paratextos:

A novela inclúe dous textos iniciais, en primeiro lugar aparece “Un aviso ao bondadoso leutor” onde o autor realiza unha captatio benevolentiae ao tempo que xustifica a súa opción ortográfica e léxica; a seguir preséntase o texto “Aa mamoria dos meus quiridos e inolvidabres pais” asinado como “Antonio” en que o autor lle dedica a obra aos seus proxenitores. A obra divídese en 25 capítulos, todos eles cun título propio.
A primeira edición nun só volume (1895) acompaña o título do seguinte subtítulo: “episodio da hestorea de Compostela no sigro XVI”. 

O volume editado en 1953 por Bibliófilos Gallegos presenta un limiar de Paulino Pedret. A edición do ano 1985 de Xerais foi preparada e anotada por Xosé Antonio Palacio e Blanca Ana Roig Rechou e presenta un estudo introdutorio de Anxo Tarrío. 

O texto de 1990, de Xuntanza Editorial, inclúe unha pequena bibliografía de Antonio López Ferreiro referida ás novelas e á súa produción ensaística á que se suma unha bibliografía esencial sobre o autor, ademais dun prólogo da autoría de Manuel Quintáns Suárez quen tamén é o encargado do texto inicial da edición de El Correo Gallego do ano 1992. 

O volume publicado por La Voz de Galicia en 2002 recolle na última páxina unha breve nota biobibliográfica do autor.


Outros textos literarios integrados no volume:

As edicións de Bibliófilos Gallegos (1953) e de Xuntanza Editorial (1990) presentan a narrativa íntegra de López Ferreiro, publican tamén, por tanto, O castelo de Pambre e O niño de Pombas.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011 
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño