Fra Vernero
Ramón Otero Pedrayo

Autora da ficha: Amelia Sánchez Pérez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  


Paratextos:

A primeira edición (1934) e a edición facsímile do 2003  conteñen unha dedicatoria "Á revista Logos de Galiza", unha listaxe das obras do autor editadas en Nós cos prezos de venda e unha nota breve introdutoria sen título e sen asinar (supoñemos que é da autoría do propio Otero). Ao final hai un índice no que figuran os nove capítulos que compoñen a novela ("Os tristes viños da Hungría", "Sonata con vento báltico", "24 de Entroido", "Ein sturtzes Scholoss...", "Europa", "Badeladas de Páscoa no 'Fausto'", "As Musas da Intelixenza", "Urbi et Orbi" e "O 'Requiem' de Mozart".

Na edición de 1987 figura, ademais, un prólogo asinado por Álvaro Cunqueiro.



Outros textos literarios integrados no volume:

A edición facsímile de Nós Publicacións (2003) contén tamén:

– O estatuto de Galiza. Antecedentes e comentarios (1975), de Castelao.
– Obras completas, Tomo I (Poesías) (1930), de Manuel Leiras Pulpeiro.
– Retrincos (1934), de Castelao.





       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño