O pastor de doña Silvia
Aurelio Ribalta

Autora da ficha: María Vilariño Suárez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  

:

Paratextos:

A novela está dividida en seis capítulos cos seguintes títulos: I “O Pastor do Nacimento”, II “Ao chegare á Curiscada”, III “Na Fraga”, IV “Decrarazón de amore”, V “Rayola de sol” e VI “Novas derradeiras”; estes títulos aparecen nas tres edicións existentes da obra. 

A edición do ano 2000 inclúe un estudo introdutorio da autoría de Mª Eulalia Agrelo Costas onde se analiza a narrativa galega de Aurelio Ribalta. De cada unha das novelas do autor estúdanse os seguintes aspectos: deseño editorial, síntese do contido, modalización narrativa, espazo e tempo, personaxes, asunto e estilo e lingua. O volume presenta tamén os apartados “Esbozo biobibliográfico”, “A modo de coda”, “Criterios de edición” e “Bibliografía”.


Outros textos literarios integrados no volume:

Edición de 1989: 
É unha reprodución facsimilar das obras que integran as coleccións Céltiga e Lar, por tanto os títulos que nel se recollen son: Semprenoiva de F. Cabo Pastor (número 13 e derradeiro de Céltiga) e, de LarA miña muller de Wenceslao Fernández Flórez (nº 1), O anarquista de Leandro Pita Romero (nº 2), Naiciña de Leandro Carré (nº 4), Os probes de deus de Luís Amado Carballo (nº 5), Martes d'antroido de Francisca Herrera e Garrido (nº 6), Antón Piruleiro de Xesús Fernández e González (nº 7), Pantelas, home libre de Ramón Otero Pedrayo (nº 8), A terra chama de Uxío Carré Aldao (nº 9), O lobo da xente de Vicente Risco (nº 10), Buserana de Gonzalo López Abente (nº 11), A dona das Torres de Ánxel del Castillo (nº 12), Ana María de Xuan Xesús González (nº 13), A propia vida de Leandro Carré Alvarellos (nº 14), Cabalgadas en Salnés de Fermín Bouza Brey (nº 15) e Anxélica de Florencio Vaamonde (nº 16).

Edición de 2000: 
Presenta outras dúas novelas de Aurelio Ribalta: Ferruxe (1894) e O derradeiro amore (1931).




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño