Os camiños da vida
Ramón Otero Pedrayo

Autora da ficha: Laura Mariño Sánchez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  

:

Paratextos:

– 1ª edición, 1928:
Na páxina final de cada parte aparece a seguinte frase:  
“Non deixe de mercar A Maorazga, segunda parte de Os camiños da vida que aparecerá axiña” (Parte I) 
“Non deixe de mercar O Estudante, terceira parte de Os camiños da vida que aparecerá axiña (Parte II) 
Índice
Listaxe de obras que a editorial “Nós” ten á venda nese momento, cos seus prezos, e aquelas que van aparecer proximamente. 

– Edición de 1978:
(Páxina inicial) “Este terceiro volumen das OBRAS SELECTAS de Ramón Otero Pedrayo, Os camiños da vida, saíu do prelo en 'Artes Gráficas Galicia, S. A.', de Vigo, rúa Segovia, 15, o 17 de xaneiro de 1978, ao cumplírense cincuenta anos de ter saído do maxín do autor”. 
Prólogo de Carlos Casares

– Edición de 1990:
Introdución de Ramón Mariño Paz cos apartados: "Galicia no século XIX", "Análise de Os camiños da vida", "Os camiños da vida na obra de Otero e na xeración Nós"
Bibliografía selecta e criterios de edición


División por capítulos:

Cada parte consta de sete capítulos:

Os señores da terra: “Os pazos no serán”, “Historias das campás abaixo”, “Don Xosé María”, “A partida”, “O Hallalí na casa dos Doncos”, “Unha tertulia” e “Os ditos e feitos do fidalgo da Pedreira”.
A maorazga: “O desterro”, “O barco negreiro”, “O scherzo da heroica”, “A señora Tutana”, “O tío de fóra”, “A clase de retórica” e “As trenzas loiras”.
O estudante: “O coto de Ushna”, “A rúa de Mazarelos”, “Variación na paisaxe”, “As fontes do hospital”, “O suicidio de Werther”, “As vacacións derradeiras” e “Os camiños da vida”.


Outros textos literarios integrados no volume:

Ningunha das edicións contén outros textos literarios.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño