Persoal investigador integrado


Xosé Manuel Sánchez Rei

Titular de Universidade
881011753

Xosé Manuel Sánchez Rei (A Coruña, 1973) é profesor titular na Universidade da Coruña na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa. O seu campo de estudo é a gramática da lingua galega actual e a linguaxe literaria contemporánea, temas sobre os cales ten dado a lume diversos traballos en publicacións especializadas de ámbito nacional e internacional, tales como Cadernos de Lingua, Diacrítica-Ciências da Linguagem, Madrygal, Revista de Letras, Revista Galega de Filoloxía, Revue Romane, Verba etc. Canto aos seus libros, saliéntanse as obras Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego (1999, premio Carvalho Calero 1998 de Investigación Lingüística), O fidalgo e o teatro. Tres textos dramáticos de Ramón Otero Pedrayo (1999), Os pronomes demostrativos: do latín ao galego contemporáneo (2002), A lingua literaria galega decimonónica (2005, en colaboración con outros autores), A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros (2006, finalista nos Premios da Crítica de Galiza), O complemento preposicional en galego (2010), Lingua galega e variación dialectal (2011), Novas perspetivas linguísticas no espaço galego-português (2015, xunto a outras persoas), As Ciências da Linguagem no espaço galego-português (2016, en parcería con outras persoas), O falar das fadas. Lingua, música e toponimia da Galiza (2016), Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX (2017, 1ª reimpresión en 2018). Estudos atuais de linguística galego-portuguesa (2019, en parcería con outros autores) etc. É tamén o tradutor para o galego do Curso de Lingüística Xeral de Ferdinand de Saussure (2005).

  • Publicacións
  • Proxectos I+D
  • Teses
  • Outros méritos