O castelo de Pambre
Antonio López Ferreiro

Autora da ficha: María Vilariño Suárez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  


Paratextos:

A primeira edición nun só volume inclúe o subtítulo “leenda do sigro XIV”. A de Bibliófilos Gallegos publicada en 1953 presenta un limiar de Paulino Pedret mentres que a de Edicións do Castro en 1981 ofrece un estudo introdutorio de Aurora Marco e un prólogo de Ricardo Carvalho Calero. 

Xuntanza Editorial en 1990 inclúe unha pequena bibliografía de Antonio López Ferreiro referida ás novelas e á súa produción ensaística á que se suma unha bibliografía esencial sobre o autor ademais dun prólogo da autoría de Manuel Quintáns Suárez. 

Na edición de 1996 da AS-PG/A Nosa Terra só se recolle unha nota cos criterios de edición e a edición de Sotelo Blanco inclúe unha “Introdución histórico-literaria” dividida en dúas partes; “López Ferreiro historiador” e “Contexto histórico da novela” de Pegerto Saavedra Fernández e “O novelista e as súas novelas” e “A novela” de Dolores Vilavedra Fernández. A continuación aparecen os criterios de edición estimados polo responsábel da obra Ernesto X. González Seoane.
A obra iníciase cunha “Adicatoria” do autor “a os señores D. Jacobo Pedrosa e Ulloa, D. Ricardo Blanco Cicerón e D. Jesús Fernández Suárez” que se reproduce en todas as edicións.


Outros textos literarios integrados no volume:

As edicións de Bibliófilos Gallegos (1953) e de Xuntanza Editorial (1990) presentan a narrativa íntegra de López Ferreiro, publican tamén, por tanto, A tecedeira de Bonaval e O niño de Pombas.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño