O castelo de Pambre
Antonio López Ferreiro

Autora da ficha: María Vilariño Suárez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  



– Igual que acontece con O niño de pombas, a obra vén asinada baixo o pseudónimo “K” e tamén foi publicada orixinalmente por entregas, neste caso en El Pensamiento Gallego entre o 13 e o 28 de outubro de 1895. Debe considerarse o éxito editorial da obra ao coñecer a edición por entregas e a primeira íntegra no mesmo ano.

– Na novela aparece Gonzaliño, personaxe do que se dá a entender que é fillo de Gonzalo Ozores e Beringuela. Incluímolo na lista de personaxes históricos posto que, segundo se pode ler no seu testamento, Gonzalo Ozores de Ulloa tivo con María Álvarez de Soutomaior tres fillos: Lope, Gonzalo e Sabela ademais de Rodrigo, fillo que ten con María Fernández, filla de Pedro Fernández de Soñar e un outro Gonzalo que recoñece como fillo seu e “neto de Vasco de Vilar” mais de quen asegura que non tivo coñecemento da súa paternidade nun primeiro momento. Antonio López Ferreiro editou este testamento, de xeito que coñecía perfectamente a descendencia de Gonzalo Ozores e puido aproveitar a existencia dese fillo ilexítimo para finalizar a súa obra.

– Existe unha tradución ao castelán da novela do ano 1983: El castillo de Pambre: versión castellana de la novela O castelo de Pambre, [Antonio Vázquez Rey (trad.)] (A Coruña: Imprenta el Paramés). 

– A edición de 1953 contén debuxos feitos por Francisco López Carballo.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño