O niño de pombas
Antonio López Ferreiro

Autora da ficha: María Vilariño Suárez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  



Tempo da historia:

A acción desenvólvese a partir do 20 de xuño de 1134.


Personaxes:

Non resulta posíbel concretar se os personaxes da novela están fundamentados en personaxes reais ou non. Os personaxes principais son Mariña, Ramil/Ramiro e o abade de Carboeiro/Padre Froilán mentres que entre os secundarios contamos co abade de Ansemil/Padre Munio, Godesindo (señor de Donrramiro), Alvira e Sancho (irmáns de Mariña e Godesindo), Ermemberga, os criados de don Sueiro Xorxe e Daniel, Fernando e Troitosindo.


Acontecementos históricos:

Céntrase nas campañas militares que Afonso Henriques (rei de Portugal, fillo de dona Teresa) acomete na comarca da Limia entre 1130 e 1169, ano en que cederá estes territorios (xunto con Tui) despois de ser capturado por Fernando II de León. Afonso Henriques consideraba estas terras da súa propiedade por herdanza de súa nai, protagonista da loita sucesoria con dona Urraca.


Tema:

A trama amorosa entre Ramil e Mariña mestúrase coa pretensión de Afonso Henriques, rei de Portugal, de ampliar os seus territorios coa comarca da Limia.


Narrador:

Extradiexético e omnisciente en terceira persoa.


Espazo narrativo:

A acción desenvólvese practicamente por completo nas terras do Deza. Dentro desta comarca salientan especialmente as referencias aos espazos interiores dos pazos de Mariña e Ramil e as descricións que se fan dos mosteiros de Carboeiro e de San Pedro de Ansemil (Silleda).


Estrutura narrativa:

A obra mantén unha estrutura lineal, sen digresións mais mesturando as dúas liñas narrativas que conflúen grazas aos personaxes de Mariña e Ramil e os que a eles os rodean.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño