O niño de pombas
Antonio López Ferreiro

Autora da ficha: María Vilariño Suárez

     Edicións      |      Estrutura editorial      |      Recensión      |      Datos narratolóxicos      |      Observacións  


Paratextos:

O volume de Bibliófilos Gallegos inclúe diversas ilustracións da autoría de Francisco López Carballo. A primeira delas reproduce un retrato de Antonio López Ferreiro pintado por Mariano Tito Vázquez, as restantes tratan de reflectir determinadas pasaxes das obras.
A obra ábrese co texto prologal “Verbas limiares” asinado por Paulino Pedret Casado. Neste prefacio recóllense datos biográficos do novelista, algunhas mencións ao desenvolvemento do xénero narrativo na literatura galega e, finalmente, as referencias ás novelas recollidas no volume e ao estilo literario de López Ferreiro. A seguir aparece unha “Nota da editorial” onde se xustifica a orde de presentación das obras baixo unha orde cronolóxica interna que é exactamente a inversa da orde de publicación. Fóra deste criterio cronolóxico déixase o “Aviso ao bondadoso leutor” que o autor introduce nas páxinas previas de A tecedeira de Bonaval por considerar que contén información de carácter xeral da novelística de López Ferreiro. Advírtese tamén na mesma nota do respecto á opción ortográfica elixida polo autor.

Edición de 1978: prólogo de Carvalho Calero cun breve percurso biográfico do autor e espazo destinado a dignificar e recuperar a súa figura literaria.

Edición de 1990: pequena bibliografía de Antonio López Ferreiro referida ás novelas e á súa produción ensaística á que se suma unha bibliografía esencial sobre o autor ademais dun prólogo da autoría de Manuel Quintáns Suárez.


Outros textos literarios integrados no volume:

As edicións de Bibliófilos Gallegos (1953) e de Xuntanza Editorial (1990) presentan a narrativa íntegra de López Ferreiro, publican tamén, por tanto, A tecedeira de Bonaval e O castelo de Pambre.




       Catálogo elaborado dentro do Proxecto de Investigación Narrativa, discurso da historia e construción da identidade na Galiza (PGIDIT07PXIBI04151PR) subsidiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
     
  
               Contacto: novelahistgal@yahoo.es       © Francisco Salinas et alii, 2011
                                                                                                                                                                                       Deseño e realización técnica: Laura Mariño