Persoal investigador colaborador


Goretti Sanmartín Rei

Titular de Universidade

Goretti Sanmartín Rei (A Estrada, 1964) é licenciada e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesora titular da Universidade da Coruña .

Os seus traballos de investigación focan principalmente o estudo da lingua literaria galega no século XIX e comezos do XX. Aliás, dentro do campo da planificación lingüística, é autora de numerosos traballos que apostan pola restauración dun modelo de lingua galega de calidade.

É membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Filoloxía e foi Directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña entre 2004 e 2006. Desde 2012 é membro correspondente da Real Academia Galega.

  • Publicacións
  • Proxectos I+D
  • Teses